A Praza de Abastos estrea novas luminarias que cumpren cos requisitos de eficiencia enerxética

A Praza de Abastos estrea novas luminarias que cumpren cos requisitos de eficiencia enerxética

O Concello de Marín traballa para conseguir que a nosa vila sexa un municipio máis sustentable, con mellores parámetros a nivel medio ambiental e cumprindo cos requisitos a nivel internacional de optimización enerxética e redución do impacto no medio da súa actividade.

Dentro desta liña de traballo, o Concello vén de rematar a implantación dunha nova iluminación da Praza de Abastos de Marín, para substituír o anterior sistema de iluminación por un renovado que cumpra cos estándares de aforro enerxético.

Esta remodelación inaugurase nun momento de restricións sanitarias que obrigan ao Concello a reducir o aforo que está establecido para o Mercado de Marín, derivado das restricións sanitarias actualmente vixentes pola pandemia da Covid19.

Así, durante estes días está a controlarse o aforo neste espazo, que ten un máximo de 125 persoas. Con esta limitación, procúrase velar polo cumprimento da distancia de seguridade entre os usuarios e preservar así todas as medidas que están impostas para evitar a propagación de contaxio.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:
Dotar á instalación de iluminación que permita favorecer a mostra e exposición atractiva do produto, e coas visitas escolares afondar na cultura e promoción de consumo de peixe.

Principais actividades do proxecto:
Execución da instalación de nova iluminación da praza.
Visitas guiadas á praza.

Enlace: https://galp.xunta.gal/ria-de-pontevedra/divulgacion-e-promocion-da-actividade-da-praza-de-abastos

Anterior Iniciada a tramitación do proxecto construtivo do Auditorio, o gran pulmón cultural da vila de Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados