O Concello construirá un novo columbario e oito panteóns no Cemiterio da Raña

O Concello construirá un novo columbario e oito panteóns no Cemiterio da Raña

O Concello de Marín traballa na mellora dos cemiterios municipais, dado que son espazos enormemente frecuentados pola cidadanía de Marín. Ademais, as necesidades de ampliación no Cemiterio Municipal da Raña impulsarán a construción dun novo columbario e de oito panteóns.

Así o adiantou esta mañá o Goberno local, consciente do incremento de incineracións que se producen na sociedade e que fan necesaria a dotación de novos espazos no camposanto para os familiares dos defuntos poidan depositar as súas furnas cinerarias. En total, proxéctanse 80 novos pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo.

A maiores prantéxase tamén a construción de 8 novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais.

O proxecto suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería e a súa inversión ascenderá a case 70.000 euros.

Tanto o columbario como os panteóns construiranse na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello tamén ten outro proxecto de reformar a súa cuberta.
Ademais se traballa noutra actuación co obxectivo de protexer da chuvia tanto á fronte de cada un dos nichos como ás flores e cirios que os familiares dos defuntos depositan con frecuencia na base do mesmo, así como ás persoas que visitan aos seus seres queridos para orar polas súas almas.
A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.

Ambas actuacións, que redundarán nunha mellora do cemiterio máis utilizado en Marín, suman deste xeito unha inversión de case 80.000 euros.

Anterior Convocatoria praza de Inspector de Policía

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados