Coordinación entre os distintos actores implicados no programa Axente Titor para loitar contra o absentismo escolar

Coordinación entre os distintos actores implicados no programa Axente Titor para loitar contra o absentismo escolar

Esta mañá tivo lugar na Sala de Xuntas do Concello de Marín unha reunión de coordinación para o programa Axente Titor entre o Goberno local, a Policía Local, Servizos Sociais e o inspector dos centros educativos de Marín.

O obxectivo fundamental desta figura é a de loitar contra o absentismo escolar. Para iso, “contáctase con aquelas familias nas que se da este problema co alumno ou coa alumna, para coñecer o motivo deste absentismo e tratar de darlle unha solución para evitalo”.

Segundo se expuxo na reunión, a existencia desta figura facilitará moito a identificación deste tipo de situacións. A concelleira Sanmartín aclarou que, ademais, estableceranse reunións de traballo periódicas como a mantida hoxe para coñecer os avances do programa e tratar de coordinar as accións a levar a cabo ao seu amparo do mellor xeito posible.

Anterior Marín encherase de maxia co I Concurso de Decoración de Nadal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados