O Concello impulsa un proxecto de mellora do camiño de Arealonga-O Marco

O Concello impulsa un proxecto de mellora do camiño de Arealonga-O Marco

O camiño de Arealonga – O Marco, na parroquia de San Xulián, será obxecto dunha importante actuación, anunciada esta mañá pola Concellería de Medio Rural, coa que se mellorarán as condicións de habitabilidade desta zona, grazas á mellora dos servizos municipais de saneamento, abastecemento e accesibilidade.

Para iso, levarase a cabo unha intervención de obra que consistirá na instalación das tuberías adicadas a estes fins, que conectarán con acometidas domiciliarias residuais separativas e de abastecemento.

Con esta obra tamén se renovará o pavimento desta estrada e se realizará un desbroce e limpeza de todo o terreo, retirando a maleza e o material de refugallo que se poida atopar.

Este proxecto xa está adxudicado á empresa Construcciones Vale SL por un importe total de 37.954,56 euros (IVE incluído), que terá un prazo máximo de execución de dous meses.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, considera “moi importante” a realización desta obra, “dado que dotará, como non podía ser doutra forma, a esta zona dos servizos básicos e de alta calidade que debemos ofrecer desde o Concello”.

Anterior O Concello adxudica a obra de sostemento do muro no Camiño de Cividanes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados