Este sábado terá lugar a XXXIV edición do Festival do Kilo

Este sábado terá lugar a XXXIV edición do Festival do Kilo

Presentouse a XXXI edición do Festival do Kilo, organizado polo Voluntariado da caridade de San Vicente de Paul, en colaboración co Concello de Marín, que terá lugar o próximo sábado 8 de agosto no Parque Eguren, a beneficio do Comedor Benéfico do Voluntariado da Caridade de Marín.

O festival comezará as 20:30 horas e a asistencia será gratuíta. A organización anima aos asistentes a que contribúan, na maneira que sexa posible, aportando alimentos non perecedoiros para os estantes do Comedor que, na actualidade, conta cunha maior demanda de servizo derivada da crise actual, a cal afecta a moitas familias do entorno.

Nesta edición non haberá o tradicional sorteo de regalos, habitualmente doados por diferentes comercios locais, debido á mala situación que este tipo de establecementos está a sufrir por mor da crise da Covid19. A organización agradece a disposición que algúns destes locais tiveron a colaborar no acto.

As actuacións que terán lugar dentro do festival serán os seguintes: Beiramar (celebrando os seus 35 anos de historia), Manolo e Ramón, Ruada, Manola Vázquez, Manuel Somoza, Pousos da Area, Mar García, Eusebio e D´Armas Tomar. Todos estes artistas participan de forma altruísta sen ningún tipo de interese e a beneficio do Comedor.

Todas estas actividades realizaranse coas medidas de seguridade e hixiene obrigatorias.

O voluntariado da caridade de San Vicente de Paul agradece a todas as institucións que colaboran, tanto de maneira directa coma indirecta, neste acto de beneficencia, así como a todos os artistas participantes e ás persoas que colaboren coa entrega de alimentos.

 

 

 

Anterior Seixo volverá ter Mercadillo a partir da próxima semana

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados