A Mesa Local do Comercio analiza as futuras medidas que implantarán as asociacións da vila

A Mesa Local do Comercio analiza as futuras medidas que implantarán as asociacións da vila

A Mesa Local do Comercio celebrou esta mañá unha reunión, presidida pola alcaldesa, María Ramallo; e na que participaron a concelleira de Comercio e Turismo, Cristina Acuña e representantes tanto dos grupos políticos representados na Corporación local, como do CCA Estrela de Marín e a asociación de comerciantes de Seixo, Acemas.

Unha das cuestións que se abordou foi a celebración do I Stock Marín, que terá lugar na Alameda o 31 de xullo, 1 e 2 de agosto. Instalaranse 14 haimas de 5×5 e 9 de 3×3. e cumprir as recomendacións sanitarias do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, crearase un itinerario para os visitantes da Feira.

Desta maneira, habilitaremos dous puntos de entrada/saída, situados nas partes centrais da Alameda (subida da parada do autobús e acceso das terrazas das cafeterías) controlados por servizo de seguridade, que se encargarán de controlar o aforo e de recordar o uso obrigatorio da mascarilla e a utilización do xel hidroalcohólico, xa que se instalarán 2 dispensadores industriais verticais. Os clientes, sempre terán que circular, deixando as haimas á súa dereita.

Por outra banda, o CCA Estrela de Marín impulsará un proxecto de incentivación do consumo e de dinamización desta área comercial, creando sinerxias e oportunidades dixitais, a través da potenciación da súa we www.vodas.es e da aposta polo audiovisual na súa web www.estrelademarin.gal.

Ademais, impulsaranse campañas tipo Black Friday e nas épocas de Nadal, primavera e San Valentín, así como noutros momentos específicos do ano nos que poder incentivar o consumo asociándoo a unha data concreta.

Finalmente, tamén está previsto que se traballe na venda e promoción de produtos da praza de abastos a través do market place www.mercadomarin.com

Igualmente deuse conta das actividades realizadas, e programadas, por ACEMAS desde a última sesión ordinaria, entre as que se inclúen promocións de carros da compra, o aluguer do cine de Seixo para a proxección dun filme infantil e concertos, a organización da Carreira do Truco, cea dos Namorados, día do Pai, Día da Nai (sorteo, actuación musical, queimada popular, que este ano non se celebrará polas circunstancias motivadas polo Covid-19 e as conseguintes medidas de prevención), celebración das festas do Carme, colaboración coa Festa da Mazá e un concurso de escaparatismo.

Anterior Marián Sanmartín presenta ante a comisión informativa o plan de adhesión a Carta de Aalborg e a Axenda 21 local

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados