A vida turística interior volve coller pouco a pouco pulso na nosa comunidade, grazas ás permisividades que se dan dentro da fase 1 da desescalada do Estado de Alarma. Dentro deste contexto e sempre de suxeito ao contexto de crise sanitaria, o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volverá abrir as súas portas a partir do 13 de xuño, aínda que con restricións.
Poderán realizarse visitas de grupo, previa reserva, cun número de participantes mínimo de 5 persoas e máximo de 10 e desenvolvéndose só no exterior do centro, nas rochas con arte rupestre.
Como sempre a reserva poderá tramitarse a través do enderezo petroglifos.mogor@gmail.com ou no teléfono 647 368 939 (neste número de martes a xoves, de 11.00 a 13.00 horas ou de 17.00 a 19.00 horas).
As condicións sanitarias e de prevención de riscos que haberá que cumplir durante a visita anunciaranse a medida que se achegue a data de apertira, en función da marcha da desescalada e das indicacións das autoridades sanitarias.