4 Sendeiros por Marín
Ruta dos Miradoiros
17/05/17
Un itinerario circular que transcorre por diferentes entornos do casco urbano, das praias e do
rural da Vila: a alameda, a Escola naval, os petróglifos de Mogor, a paisaxe, o Castro de Subidá,
a Finca de Briz, o casco antigo, etc., e tamén un paso polas mellores vistas do Concello.
Dificultade: media-baixa | Ruta circular
Punto Partida: Alameda Rosalia de Castro de Marín
Hora: 09:30h. (estar 15min antes no punto de partida)
6,5km
Ruta das Praias
04/06/17
Ruta de incuestionábel beleza, comeza visitando a praia de Portocelo para continuar polas
praias de Mogor, Aguete e Loira, rematando na praia do Santo. Alterna tramos de estrada con
camiños naturais cunha zona de interese arqueolóxico polos seus petróglifos.
Dificultade: baixa | Ruta lineal
Punto Partida: Alameda Rosalia de Castro de Marín
Hora: 10:00h. (estar 15min antes no punto de partida)
8,5 km
Ruta Monte Penizas
10/09/17
Partindo do lavadoiro do río Lameira, pasa preto do poboado castrexo de Subidá, ata o cumio
do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro. Unha ruta cun interese cultural,
etnográfico, arqueolóxico e relixioso que alterna tramos de estrada con camiños naturais.
Dificultade: media-baixa | Ruta lineal
Punto Partida: Lavadoiro río Lameira
Hora: 10:00h. (estar 15min antes no punto de partida)
6,5km
Ruta Lago Castiñeiras
08/10/17
De gran beleza paisaxística, destaca como miradoiro e parque natural, desde o cal distínguense
as tres Rías Baixas meridionais.
Dificultade: baixa | Ruta circular
Punto Partida: Alameda Rosalia de Castro de Marín
Hora: 10:00h. (estar 15min antes no punto de partida)
7,7 km
Inscribirse en: sendeirosmarin@gmail.com / 607 155 726