25 familias numerosas da vila xa se benefician da exención do pago do IBI nos seus inmobles

25 familias numerosas da vila xa se benefician da exención do pago do IBI nos seus inmobles

10 marzo 2021

O Concello de Marín ten activa unha bonificación do Imposto dos Bens Inmobles destinada ás familias numerosas, para así baixarlle na medida do posible a presión fiscal e favorecer a economía doméstica na vila.

Segundo informaron esta mañá fontes do Concello, a día de hoxe tramitáronse 25 solicitudes de familias que cumplen con este requisito. Aínda é posible solicitar a exención para aplicala neste ano, sempre e cando se faga antes do 30 de abril. En caso de solicitalo despois desta data, aplicaríase para o exercicio do 2022.

Para solicitar a exención, as familias interesadas deberán entrar na sede electrónica e clickar en solicitude xeral. Alí, terán que identificar o inmoble no que se quere aplicar a exención do IBI e adxuntar o libro de familia.

 

Certificado dixital e facilidades para as tramitacións web

A dixitalización das administracións é una tarefa na que o Concello de Marín está enormemente involucrado, dada a necesidade de ofrecer á veciñanza ferramentas dixitais que lles permitan realizar con normalidade e rapidez os seus trámites administrativos.

É por isto que o Concello creou a Oficina de Rexistro para a Expedición de Certificados Electrónicos de Persoa Física para a Cidadanía, ao abeiro do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da nosa comunidade autónoma.

Este certificado precísase para realizar todo tipo de trámites a través da sede electrónica, como esta solicitude da exención do IBI para as familias numerosas.

Dende a posta en marcha deste mecanismo, xa son preto de 80 os certificados dixitais tramitados pola plataforma habilitada polo Concello.

 

Anterior Marín inicia a posta a punto dos areais de cara á primavera e ao verán

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados