Aberta a licitación para explotar os servizos das praias durante os próximos tres anos

Aberta a licitación para explotar os servizos das praias durante os próximos tres anos

27 maio 2022

O verán está xa á volta da esquina e o bo tempo xa enche desde hai varias semanas os areais de Marín. O Concello, pola súa banda, ten aberto xa o proceso de licitación para a contratación do servizo de explotación dos servizos da temporada de verán.

Este contrato será para as anualidades do 2022 ao 2024 e ten unha dotación orzamentaria de 8.360 euros (sen IVE). As empresas que teñan interese en concorrer á licitación poderán facelo a través da Plataforma Pública de Contratación ata o 7 de xuño, incluido.

Estes servizos inclúen os quioscos de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e O Santo, coas seguintes características técnicas:

● Portocelo: quiosco de 8 m2, cunha terraza de 31 m2
● Mogor: quiosco de 8 m2, cunha terraza de 31 m2
● Aguete: quiosco de 19 m2, cunha terraza de 19 m2
● Loira: quiosco de 12 m2, cunha terraza de 50 m2
● O Santo: quiosco de 8 me, cunha terraza de tamén 8m2

Por outra banda, no contrato tamén figuran os lotes para a instalación de 10 hidropedais en Mogor, 8 canoas e piraguas e 8 táboas de paddle surf en Aguete.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, asegura que estes servizos “enriquecen o ocio e a comodidade de uso das nosas praias, que sabemos que agora serán usadas de xeito moi intenso pola nosa veciñanza e por todas as persoas que veñen doutros lugares a visitarnos”.

Anterior Listaxe Campamentos 2022

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados