25 setembro 2021
O Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da nosa contorna e aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local. O concelleiro Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade, que botaron ao lago 100 exemplares de troitas, de tipo salmo trutta.
Estes exemplares foron criados na piscifactoría do centro e forman parte da fauna autóctona do lago. Teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros.