100 novas troitas repoboan a fauna do Lago Castiñeiras

100 novas troitas repoboan a fauna do Lago Castiñeiras

25 setembro 2021

O Lago Castiñeiras é un dos espazos naturais máis ricos da nosa contorna e aproveitalo e coidalo é unha das prioridades do Goberno local. O concelleiro Pablo Novas acompañou recentemente aos técnicos do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade, que botaron ao lago 100 exemplares de troitas, de tipo salmo trutta.

Estes exemplares foron criados na piscifactoría do centro e forman parte da fauna autóctona do lago. Teñen máis de 2 anos de vida e un tamaño de entre 16 e 22 centímetros.

Anterior A piscina municipal de Marín, un espazo no que “volver desfrutar” do deporte e os hábitos saudables

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados