100 novas troitas adultas para o Lago Castiñeiras

100 novas troitas adultas para o Lago Castiñeiras

O Lago Castiñeiras volve acoller nova fauna para seguir facendo resplandecer a súa riqueza. Desde a Piscifactoría da Xunta de Galicia de Carballedo (Cerdedo-Cotobade) trouxeron 100 exemplares de troita común de 20 centímetros de media para seguir apostando pola repoboación desta especie no lago.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu á solta das troitas e expresou o importante que é “seguir mantendo o lago neste sentido, apostando polo seu enriquecemento medio ambiental”.

A última vez que se botaron estas especies foi en novembro do mes pasado, cando se deixaron 6.000 exemplares de alevíns para que foran entrando en contacto co medio.

Anterior O Concello, a hostalaría e o Ateneo fixan as datas para o acto do San Miguel e o San Migueleiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados