Contacto | Tel.:986 88 03 00

VODAS

Indicacións sobre o correcto desenvolvemento da cerimonia

1) Rógase, puntualidade

2) Os vehículos dos noivos terán acceso a beirarrúa da fachada principal do Concello podendo estacionarse na mesma.

3) Una vez chegados os noivos ás dependencias municipais, os invitados deberán dirixirse ao Salón de Sesións onde  se celebrará a cerimonia, ocuparán os asentos existentes e esperarán a chegada dos contraentes ao Salón. Os familiares máis próximos (irmáns, avós, tíos…) ocuparán os asentos dos bancos laterais próximos á mesa presidencial, na súa totalidade.

4) Os noivos acompañados polas testemuñas, farán a súa entrada no Salón e colocaranse fronte a mesa presidencial onde serán recibidos polo Sr. Alcalde ou o delegado pertinente que dará comezo á cerimonia.

5) Rematado o acto, os noivos e as testemuñas asinarán as actas deste matrimonio na mesa presidencial xunto co Sr. Alcalde ou o delegado sinalado, e recibirán unha copia da mesma.

6) Por último, disporán do tempo necesario para sacar cantas fotos queiran, tendo libre dispoñibilidade das instalacións do Concello para iso.

Requisitos:
Ter pagada a tasa.
O único requisito formal que se ten que cumprir é que algún dos cónxuxes nacera na vila ou estar empadroado no municipio.

A cerimonia de matrimonio civil é un acto breve pero de gran importancia no seu contido. Non por tratarse dun acto civil, pode considerarse menos significativo ou carente de solemnidade.

Por iso indicamos a continuación unha serie de normas ou recomendacións que deberán terse en conta para un correcto desenvolvemento do acto:

Indicaciones Xerais:
1)
 Os noivos dirixiranse á Alcaldía para a súa presentación na que se fixará a data do enlace e amosaránselle as dependencias municipais onde se celebrará a voda.

2) O expediente de matrimonio civil é tramitado polo Rexistro Civil, polo que deberán fornecer toda a documentación que se lles requira coa suficiente antelación no citado organismo.

3) A documentación que deben fornecer no Concello serán as fotocopias do D.N.I. correspondente aos noivos e ás testemuñas.

4) Poderán decorar o Salón e os seus accesos, comunicando o día e a hora.

Para suxetar os adornos florais non poderán utilizar chinchetas ou calquera outro material que dane o mobiliario, suxírense lazos, cintas ou cinta adhesiva.

5) Música:
– O Concello dispón de equipo de son e funciona con CD.
– A música que acompañe á cerimonia será a elección dos contraentes, aportando estes as súas preferencias ou utilizando a dispoñible no propio Concello.
– Así mesmo poderán acompañarse de actuacións musicais (coros, músicos, gaitas…) previo aviso.

6) Queda a libre disposición dos noivos calquera modificación sobre os actos (algún discurso de familiar ou amigo, lectura de poema…) sempre e cando se comuniquen antes do día de autos.

7) Unha semana antes da celebración os contraentes deberán achegarse ao Concello e ultimar detalles coa Secretaria do Alcalde e indicar os posibles cambios ou dúbidas ao respecto.

8) Ante calquera consulta dispoñen do nº de teléfono 986.881000 (Secretaría Particular) no que se atenderán as súas inquedanzas.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR