Contacto | Tel.:986 88 03 00

Visita ás obras de saneamento no Pereiro e Cadrelo.

 

No mes de agosto comezaron as obras da rede de sumidoiros nos lugares de Pereiro e Cadrelo (parroquia de Santo Tomé de Piñeiro), no Concello de Marín.

As obras son reflexo do esforzo da Xunta en materia de saneamento, pois a actuación que está a piques de iniciarse conta cun investimento de arredor de 540.000 euros, que se suma aos investimentos da obra de saneamento de Pereiro- O Pozo, que facilitará a posta en servizo da infraestrutura xa rematada de Miñán-A Esperela.

As previsións de Augas de Galicia son que esta actuación se remate neste ano. Ambas actuacións suman un investimento dun millón de euros.

Estas dúas actuacións están recollidas no convenio asinado en 2010 entre a Xunta e o Concello, polo que se desenvolven varias infraestruturas hidráulicas no rural e do cal xa se executaron actuacións por máis de 1,5 millóns de euros.

Tamén hai que engadir outra actuación xa finalizada en Marín, a mellora do saneamento no lugar de Miñán- A Esperela. Grazas a estas obras, os núcleos de Miñán, A Troncosa e A Esperela disporán dunha infraestrutura de saneamento que lles permite conectarse coas redes municipais de saneamento máis próximas e xa existentes, como é a da parroquia de San Tomé de Piñeiro ou a da parroquia de O Campo. O investimento desta actuación foi de 753.000 euros.

O contrato que se está executando no tramo que foi visitado no día de hoxe polos responsables da dirección da mesma de Augas de Galicia, pola empresa que a está executando e polos responsables do concello de Marín está encuadrada a actuación dentro dos contratos de execución de obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A obra da rede de sumidoiros nos lugares do Pereiro e Cadrelo tiña un tipo de licitación cun importe neto de 443.028,36 euros e un importe total de 536.064,32 euros.

As obras a pesar do tempo están evolucionando a bo ritmo, cousa que se lle pediu expresamente desde o concello para tratar de evitar na medida do posible as molestias que estas obras de infraestructuras ocasionan.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR