Videoconferencia Papa Noel.

Videoconferencia Papa Noel.

Os escolares galegos de infantil volveron a interactuar con Papa Noel a través do sistema de videoconferencia co que contan a totalidade das aulas da rede CeMIT.

O obxectivo desta actividade, que se realiza un ano máis debido ao gran interese que esperta entre a comunidade educativa, foi o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos e nenas de Marín  poucos días antes da Noiteboa, cando se atenden as peticións de agasallos de todas as nenas e nenos do mundo.

O mecanismo é sinxelo: desde a aula cabeceira sita en Santiago de Compostela, onde estaba Papa Noel, estableceuse unha videoconferencia cunha duración aproximada de media hora en cada aula, os máis cativos da casa poideron facer as súas peticións de Nadal e interactuar directamente e sen intermediarios botando mán das novas tecnoloxías. Este ano, foron os alumnos do Colexio Inmaculada .

 

Anterior Consello Municipal de Inmigración.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados