Contacto | Tel.:986 88 03 00

Turismo


Situado nas Rías Baixas, Marín ofrécenos unha estampa marabillosa no seu litoral, con praias resgardadas de auga cristalina e area fina coa vexetación como telón de fondo. A cor verde da natureza do contorno mestúrase coa azul do ceo para dar paso á fermosa azul verdosa do mar.

Marín asómase á ría desde o seu mirador privilexiado. Mar e monte a un paso: agradecida para o goce da praia e para a práctica de todo tipo actividades ao aire libre. Sendeirismo, cicloturismo, hípica, vela, piragüismo, buceo.... son algunhas das propostas máis habituais para practicar neste contorno.

A Ria de Pontevedra baña as costas de Marín agasallandonos cos mellores produtos do mar, peixes e maríscos recoñecidos pola súa calidade no mundo enteiro, Caracterizada pola grande riqueza de cor e sabor,a nosa gastronomía nútrense das mellores materias primas traídas do mar: cigalas, linguados, robalizas, ollomois, rodaballos, chocos, polvos, sardiñas, centolas, nécoras, langostas, camaróns, ostras, mexilóns, vieiras, ameixas e croques, acompañados do afamado viño Albariño.

“Ven a Marín e goza da súa ampla oferta gastronómica”


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies