Contacto | Tel.:986 88 03 00

Solicitude Festa Corsaria 2017

O próximo luns ábrese o prazo para a solicitude de xantares e ceas para Hostalaría e Particulares na Festa Corsaria 2017
A sexta edición da Festa Corsaria que conmemora os marcos históricos do Corsario marinense Juan Gago Mendoza, celebrarase o próximo 19 de agosto. Unha edición que virá con moitos cambios respecto a súa celebración e desenvolvemento e que a mediados do mes de xullo, a organización irá desvelando, pero co claro obxectivo de acadar a maior implicación da cidadanía e hostalaría.
O Concello de Marín organizador do evento abrirá o próximo luns 3 de xullo o prazo para solicitude de espazos para a hostalaría e particulares para que poidan montar as súas mesas para xantares e ceas.
Todos os interesados ​​terán de prazo ata o próximo 11 de agosto, e poderán descargar na web do Concello www.concellodemarin.es as normas e condicións ou recollelas no punto de información do Concello como de costume. Cada solicitante deberá cumprir unha serie de requisitos de ambientación, montaxe dos postos e seguridade, de acordo co espírito da recreación histórica que caracteriza a Festa Corsaria, baseada no Marín do século XVIII e unha vez cuberta debe presentala no Rexistro do Concello.
Dado que a Festa Corsaria está adicada e ambientada no Marín do século XVIII, a organización agradece que tanto a ambientación como as actividades que se realicen durante ese día xiren en torno a este tema.
Con respecto ás comidas, a organización, unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizará a asignación dos postos tendo en conta as localizacións de edicións anteriores e a data da presentación da solicitude.
O obxectivo principal marcado pola organización para a sexta edición da festa Corsaria é a participación da cidadanía nas actividades que estarán programadas e que se darán a coñecer despois das festas do Carmen e como avance presentarán moitas novidades, sendo o día principal da Festa Corsaria 2017 o sábado 19, tendo como preludio a feira de artesanía que se celebrará na Alameda Rosalía de Castro desde o venres 18 ata o domingo 20.

Normas Hostalaria

Normas Particulares

Solicitude Hostalaria

Solicitude Particulares

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies