Contacto | Tel.:986 88 03 00

SAÚDO DA ALCALDESA

alcaldesaMaría Ramallo Vázquez

Quería darche a benvida a esta páxina na que tratamos de ter toda a información posible que poida resultar do teu interese.

Marín é a nosa cidade, un municipio de máis de 25.000 habitantes, cun Porto de interese xeral do Estado e a Escola Naval Militar Academia da Armada e campus da Universidade de Vigo.

Desde o Concello trataremos de ir ofrecendo con esta ferramenta a información que precises, os datos que buscas e facilitar que os trámites e as xestións sexan máis doadas para os que utilizamos esta canle.

A túa participación, o acceso á administración electrónica, a información dos que integramos a Corporación, o Portal de transparencia ofrecendo datos, trámites, acordos e información que con carácter xeral é necesario estar a un clic de quen a precise, farán sen dúbida desta páxina unha mellora na nosa atención.

Goza de Marín, do que che poidamos ofrecer e esperamos que sexan de utilidade os avances nos que levamos traballando para poder ser útiles, próximos e precisos en todo o que comporta a nosa xestión pública.

Un saúdo, María Ramallo Vázquez

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR