Contacto | Tel.:986 88 03 00

Roteiros

Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños:

Outeiriños, penedos, bosques, covas, formacións naturais caprichosas…. a man das persoas e da natureza confúndense nunha paisaxe natural que foi ao longo dos séculos utilizada, transformada, construída e reinterpretada simbolicamente dando lugar a unha rica e marabillosa literatura oral. A protección do noso patrimonio material e inmaterial non se entende se non vai parella á protección da súa contorna natural. Isto é aínda máis claro no tocante ao noso patrimonio inmaterial.

Unha lenda, un rito, unha tradición sen a existencia da pedra, do monte, da fonte, do río ou do elemento natural ou material ao que vai asociada perdería todo o seu sentido e significación cultural dentro da comunidade social na que se produce. A perda do soporte tanxible ao abeiro do cal se desprega toda a nosa riqueza inmaterial supón a desaparición irreversible dese patrimonio intanxible. Por iso a conservación de todo patrimonio cultural ten que ir obrigatoriamente da man da protección e conservación do patrimonio natural.

Maís info: WEB SETE CAMIÑOS

Ruta do Monte Penizas

O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do poboado castrexo de Subidá, para continuar ata o cumio do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro.
Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais. Desviándonos do itinerario poderemos ver a Igrexa de Santa María do Campo e os muíños do río Loira (zona de gran beleza)
A dificultade da ruta e media-baixa, aínda que con pendente pronunciada ata chegar o cumio. Está claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branca (pintadas en pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.
Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.
Interese da vía: Cultural – Etnográfico – Arqueolóxico – Relixioso.

Ruta das Praias

Ruta de incuestionábel beleza. O percorrido, de 8,5 Km., parte do aparcadoiro previo á praia de Portocelo (cartel indicador) para continuar polas praias de Mogor,  Aguete e Loira sucesivamente, rematando a ruta na praia do Santo.
Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais cunha zona de interese arqueolóxico polos seus petróglifos.
A dificultade da ruta é baixa estando claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branca (pintadas en  pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de regreso.
Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.
Información adicional: esta vía consta dun carril específico para ciclistas.

Mapa dos Roteiros de Sendeirismo

Máis información do roteiro das praias

Máis información do roteiro do Monte penizas

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies