Roteiro dos Cinco Miradoiros.

Roteiro dos Cinco Miradoiros.

UNHA ALTERNATIVA EN SEMANA SANTA PARA O TURISMO VISITA O ROTEIRO DOS MIRADOIROS. MARÍN.

miradoiro2Dende a prehistoria, Marín constitúe un dos principais núcleos de poboación.
Son moitos os relatos e os restos arqueolóxicos que nos dan conta de cómo a Vila  de Marín  tivo ao longo  da súa historia  un importante valor estratéxico para o desenvolvemento cultural e económico do seu contorno.

Hoxe coidamos con esmero vestixios daquel tempo para non esquecer o pasado, como se nel atoparamos a folla de ruta do futuro.

É por iso que se solicitou unha axuda de inversión a Turismo e saco use adiante este proxecto “MARIN… TES MOITO QUE VER. ROTEIRO DOS CINCO MIRADOIROS”; para dar a coñecer eses valores esenciais que conforman o carácter e o modo de vida dos veciños e veciñas de Marín.

O proxecto, de marcado valor pedagóxico, traza un percorrido polo Municipio pensado para que o visitante poda acadar una visión o mais completa posible sobre os seus valores históricos, culturais, turísticos e económicos.

No camiño, que une diferentes puntos de interesese atopan diferentes paneis explicativos da importancia de cada un deles. Estes foron elaborados a propósito para facilitar esta comprensión a todas as persoas que os queiranler. Para elo, se deseñarán con construción e información accesibles, observando as normativas vixentes en materia de accesibilidade universal.

Así mesmo, cada un dos cinco miradoiros estará  concibido para dar unha perspectiva diferente dos valores estratéxicos da economía marinense, de modo que se poderá obter nunha soa vista, e en perspectiva histórica, como foi a transformación que viviu a paisaxe  para incorporar o traballo no campo e principalmente a industria, como elementos de riqueza do municipio.

Ao remate do percorrido, que transcorre ao longo de 6,5 kilómetros polos rueiros do termo municipal de Marín, o visitante terá descubrido un pobo, unha cultura e moitos motivos para volver e quedarse; porque Marín é moito máis que mar e ao fin o visitante ten moito que ver.

CONTIDO, SISTEMA DE PRESETACIÓN E ACCESIBILIDADE:

A. percorrido a pé
O proxecto se artella en torno a un itinerario circular  de 6,5 Km de lonxitude que transcorre por diferentes entornos do casco urbano , das praias e do rural de Marín: a alameda, a Escola naval militar, o vieiro de praias, os petróglifos de Mogor, as rúas, a paisaxe e a arquitectura do rural, o Castro de Subidá, a Finca de Briz, a praza de abastos, o casco antigo da Vila, e tamén un paso polas mellores vistas sobre o Concello.

É un traxecto de dificultade media- baixa que se percorre a pé nun tempo aproximado de dúas horas.

B. Accesibilidade do trazado do roteiro, dos seus equipamentos e da información dispoñible ao viaxeiro:

O percorrido transcorre por pistas asfaltadas na súa maior parte. O acceso aos puntos de interese, incluídos os miradoiros, será posible  para todas as persoas independentemente das súa capacidades.

Para elo se procurarán accesos libres de escaleiras, ramplas pronunciadas, ou pavimentos excesivamente brandos como á area ou outros similares.

A información está en paneis informativos sitos a unha altura de 75 centímetros.

Os paneis están dispostos en forma de plano inclinado para facilitar a súa lectura para os nenos, e para as persoas en cadeira de rodas.

A información preséntase en formato de lectura fácil, e o seu contido é apoiado por imaxes representativas do mesmo.

– O miradoiro de Portocelo: plataforma con vistas á ría. A plataforma equipada con bancos e cartelería en metacrilato con información sobre o valor que aporta a ría como elemento de riqueza e sustento da economía marinense.

– Petroglifos de Mogor: Os petroglifos de Mogor representan  un importante valor histórico e turístico , grazas ao  magnífico conxunto de petroglifos, que constitúen unha mostra excepcional do Grupo Galaico de Arte Rupestre (III-II milenio a. de C.), en especial os motivos que representan labirintos. Existen pasarelas que permiten a súa visión dende o alto sen ter que pisar as pedras nin os grabados.

O primeiro de eles, A Pedra dos mouros, presenta vinte e tres combinacións circulares ligadas por liñas curvas e grupos de cazoletas. A pedra do labirinto representa un laberinto cunha cazoleta no seu interior e apéndices na parte superior; ademáisexisten ao redor combinacións circulares con cazoleta no centro evarios círculos sinxelos. A dez metros da anterior está Os campiños, donde tamén se representa un labirinto, en este caso sen cazoleta central, e con dous apéndices superiores.

 Miradoiro do barrio de Mogor:  a este miradoiro, sito a escasos 100 metros de distancia dos petroglifos chégase  por unha rúa empedrada. Si ben é un miradoiro que non require acondicionamento algún cómpre destacar o seu interese por canto forma parte do barrio mariñeiro de Mogor e ten impresionantes vistas sobre a ría.

– Miradoiro do Depósito de augas de Mogor: O valor de establecer un miradoiro neste punto está na oportunidade de outorgarlle o valor que merece un espazo elevado ao pé do mar dende o cal se cada ter unha vista xeral da ría dende as Illas Ons ate o fondo da ría.

– Castro Subidá:  O castro da Subidá, ás veces coñecido como Castro da Porteliña, localízase nun pequeno e solitario montículo de inclinadas pendentes emagnífica visibilidade sobre Marín e a Ría de Pontevedra. O poboado atópase na ladeira este do Monte da Portela. As fortes pendentes da ladeira propiciaron que os moradores crearan terrazas dentro do recinto amurallado. Actualmente o xacemento foi posto en valor con placasde sinalización e información sobre a cultura castrexa e do propio castro.

Nembargante, o Concello realizou a colocación dun miradoiro neste punto dado que dende el se obteñen magníficas vistas sobre todo o rural de Marín. Unha plataforma de madeira de pino tratada, con paneis informativos da importancia do rural para o desenvolvemento socioeconómico de Marín.

– Miradoiro do Cruceiro do vento: é un punto elevado sobre a ría con amplas vistas sobre o porto de Marín. Dende ese punto obsérvase de xeito claro como a costa do casco urbano de Marín se foi acomodando para albergar a industria naval e o porto pesqueiro, os cales representan na actualidade o motor da súa economía.

Por iso plantexouse para este contorno a colocación dunha plataforma con bancos de madeira e paneis informativos sobre a evolución do porto ao longo do século XX, tratando de evidenciar como se xeraron estruturas acordos á importancia do porto Marín.

– Finca de Briz:preto do cruceiro do vento se atopa a Fica de Briz.
Esta finca, hoxe convertida en parque público é a testemuña da estadía en Marín dos Monxes de Oseira, en cuxa finca tiña unha granxa. Trala desamortización , no século XIX, foi adquirida en propiedade pola Familia Munaiz, que a chamou Villa Paula.
A Finca foi herdada por diferentes xeracións desta familia ate chegar a ser propiedade de Dna. Ana Mª Saraiva Munaiz, muller do conserveiro  D. Marcelino Briz, de cuxo apelido conserva o nome actual do parque.

Cómpre sinalar este punto como elemento de interese turístico, xa que é actualmente un dos referentes do ocio dos veciños de Marín e dos pobos da comarca. Un maravilloso parque dos sentidos e que actualmente estase levando a cabo un proxecto artístico denominado “ Bosque animado” que lle confire ao parque un novo valor engadido.

Anterior Presentación da Andaina das Ciclomarchas.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados