Reunión Mesa Local contra a Violencia de Xénero

Reunión Mesa Local contra a Violencia de Xénero

No día de onte, ás 13.00 horas da mañá, nas aulas de formación da Fina de Briz, celebrouse a primeira reunión do ano da Mesa Local de Traballo contra a Violencia de Xénero. A ela asistiron representantes das Forzas e Corpos de Seguridade encargados da seguridade das mulleres vítimas da violencia de xénero de Marín, representantes dos centros educativos, do Punto de Intercambio Familiar Municipal (PIF), Marián Sanmartín, concelleira de Benestar Social, persoal técnico do CIM e de Servizos Sociais e o representante do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra en Marín.

 Entre os puntos a tratar traballouse nun protocolo base de colaboración conxunta para o tratamento de denuncias de terceiras persoas sobre posibles casos de maltrato, de especial relevancia en moitas ocasións para a detección precoz de situacións de risco.

 Segundo datos do Programa VioGen das Forzas e Corpos de Seguridade, facilitados por Subdelegación do Goberno en Pontevedra, actualmente están activas no municipio 27 ordes de protección.

 Un dos acordos adoptados na reunión,  foi  facilitar aos centros sanitarios un distintivo para colocar nos partes de lesións por violencia de xénero nos casos de obrigada derivación ás instancias xudiciais. A intención é garantizar a súa atención prioritaria e de esa forma, diferencialos doutros partes de lesións motivados por outras causas.

 A intención da Mesa tamén é recuperar as actividades cos centros educativos, denominadas “Operación Violeta”. Estas actividades consistían en visitar as instalacións policiais coñecendo a súa dinámica de actuación e a asistencia a xuízos de audiencia pública. O obxectivo é a sensibilización da poboación escolar e o achegamento destas institucións de servizo público á cidadanía.
A Mesa Local de Traballo contra a Violencia de Xénero ten unha traxectoria municpal que se remonta ao ano 2005, e foi unhas das primeiras da provincia de Pontevedra en formarse

Anterior Campaña de Responsabilidade na Tenencia de Animais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados