Contacto | Tel.:986 88 03 00

Resultados Xornada Defensa e Primeiros Auxilios.

O pasado mes de xaneiro, os días 19, 21, 26 e 28, realizamos  unha xornada se defensa persoal e primeiros auxilios para o colectivo da muller,  en colaboración directa co CIM de Marín.

O Curso de carácter “restrinxido” ao devandito colectivo, foi avalado e realizado en consenso directo coa Sra.. Marián Sánchez Sanjorge (Psicóloga do devandito Centro),  achegando un grupo de participantes a quen podía serlle de axuda o mesmo.

No devandito Curso traballouse o aspecto físico e mental, (control tensión), técnicas de defensa persoal adaptadas e primeiros auxilios.  O resultado do mesmo foi satisfactorio.

Colaboraron na formación tres monitores da Asociación Deportiva DOM+ e un técnico sanitario-formador do servido de Urxencias de Galicia 061.

O Curso, como quedou reflectido ao comezo, é de marcado carácter social, e no marco de colaboración co CIM de Marín, polo que non xerou gasto algún ás participantes.

Para finalizar,  dar as grazas ao Concello de Marín pola súa colaboración e en especial á Sra.. Marián Sánchez.IMG_2228

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR