Contacto | Tel.:986 88 03 00

Recepción Jean Marie Okutu.

Na mañá deste luns, a Alcaldesa de Marín e mailo Concelleiro de Deportes recibiron a JEAN MARIE OKUTU, polo seu recente e xa cuarto CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SALTO DE LONXITUDE DE PISTA CUBERTA 2016, celebrado neste mes de marzo en Madrid. Okutu estivo arroupado polo seu adestrador, Javier Medrano, e pola directiva do Clube San Miguel de Atletismo.

A Alcaldesa agasallou ao atleta cun mural coa súa imaxe e felicitouno desexándolle tódalas sortes para poder acadar antes do mes de xuño, o salto de 8.15 metros que lle de a clasificación para os Xogos Olímpicos de Brasil deste ano 2016. Okutu comezará a preparar dende xa ese obxectivo co comezo da tempada ao aire libre, tempada que seguro traerá novos éxitos do xa noso consagrado deportista.okutu2

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR