Recepción Club Xadrez.

Recepción Club Xadrez.

Na tarde do martes, a alcaldesa de Marín e o Concelleiro de Deportes recibiron aos membros do Club Xadrez Marín polos éxitos da tempada que agora termina. Acompañados polo seu presidente Miguel Pereira, os Víctor, Paula, Breixo, Darío, Héctor e Malena comentaron os momentos máis felices e os máis complicados da tempada, á vez que mostraban cada un dos seus trofeos e medallas conseguidos en diversas localidades da xeografía galega, mesmo na internacional (Azores) como foi o caso de Paula e Víctor.

A alcaldesa instounos a repetir a visita o próximo ano con máis deportistas e máis triunfos no haber, dun club que ano tras ano consolida o seu crecemento na nosa localidade, sendo ademais una das escolas deportivas municipais máis numerosa de Marín.

DSCN1182

Anterior Presentación etapa saída da Volta Ciclista a España.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados