Contacto | Tel.:986 88 03 00

Recepción Club Taekwondo Mat´s

 Na tarde do martes, ás 18:45 horas, o Concello de Marín recibiu no Salón de Plenos a unha vintena de taekwondistas todos eles triunfadores nos últimos campionatos galegos nos que participou o club marinense. Cunha prodixiosa memoria, o director técnico, Anxo Torres, detallou un por un os triunfos de cada un dos seus pupilos á alcaldesa e ao concelleiro de deportes. Desde os máis pequenos ata os máis veteranos, fóronse arrincando a comentar as súas sensacións e experiencias durante a tempada, unha tempada que terá como colofón este ano coa celebración dun campus de taekwondo desde o 27 de xuño ata o 3 de xullo nas instalacións do Colexio San Narciso.

Para finalizar o acto e previo á foto de grupo, a alcaldesa fixo entrega dun pack de petos de adestramento, material tan necesario no día a día deste exitoso club.DSCN1198

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies