Contacto | Tel.:986 88 03 00

Recepción Club In Mare.

Onte martes día 7 de xuño, ás 19:30 horas, o CLUB IN MARE MARÍN de ximnasia rítmica visitou o Salón de Plenos do Concello de Marín, convidados pola alcadesa e o concelleiro de deportes marinense. Acompañados do seu presidente Francesc Casanovas e a súa directora deportiva Natalia, máis de 30 ximnastas deste numeroso club ofreceron os seus triunfos nos campionatos galegos e provinciais escolares, recentemente conseguidos.

O presidente do club agradeceu a colaboración do Concello no día a día do club, na organización de eventos e demais, e solicitou que fose así por moito tempo. Unha das máis pequenas do grupo e outra das maiores tiveron a súa oportunidade de dirixirse ao público que enchía o salón de plenos (pais e nais e demais familia) para agradecer a dedicación dunha tempada que agora remata.

O club In Mare organiza, ademais, a escola deportiva municipal de ximnasia rítmica, xunto coa de judo, a máis numerosa de todas e que maior crecemento experimentou nos últimos anos, grazas ao bo facer das súas adestradoras.

A alcadesa, para finalizar o acto, entregou como regalo unha lona coas mellores imaxes da tempada.

DSCN1230

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies