Contacto | Tel.:986 88 03 00

Programa Entroido 2016.

entroido-2016

Día 1 de febreiro, luns

20:00 h: Inauguración da Exposición fotográfica “Entroido”, no Ateneo Santa Cecilia

Día 5 de febreiro, venres

20:00 h: Conferencia  “Gastronomía do Entroido”, por Guillermo Campos Piñón, no Ateneo Santa Cecilia

Dia 6 de febreiro, sábado

15.30 h: Inscrición Desfile infantil na alameda Rosalía de Castro, no palco da música.

16.30 h: Desfile infantil, polas seguintes rúas, rúa Real, praza do Reloxo, Porta do Sol, Doutor Touriño, avda. Jaime Janer. Ao rematar haberá unha festa infantil. No caso de mal tempo, o desfile e a festa cancelaranse.

Dia 7 de febreiro, domingo

10.30 h:  CICLOMARCHA, con percorrido urbano, viario de praias ata Seixo, regresando á alameda para escoitar o pregón. Poderase ir disfrazado, sempre e cando non afecte a seguridade do ciclista.

 

13:15h : No palco da Musica, coa presenza Don Dego e Dona Urraca e a Corporación acompañados por “Os Jalácticos dárase o  Pregón pola “Comparsa Os da Caña”.

 

17.00 h: Gran Desfile de disfraces e carrozas, que comeza na avenida de Ourense e remata no parque Eguren.  A concentración dos/das participantes será ás 16.00 h na praza do Regueiro, diante de “Casa Pilán”. Desfilarán polas seguintes rúas: praza do Regueiro, avda. de Ourense, praza de España, rúa Almuíña, avda. Jaime Janer, rúa Concepción Arenal, para rematar no parque Eguren. A entrega de premios será a continuación na praza do reloxo. (No caso de mal tempo, trasladase ao mércores)

 

Día 8 de febreiro, luns

 

12.00 h: Festa do Merengue na Lameiriña, organizada por “Amigos dos Rapaces”.

16:45 h.  Festa infantil con verbena, na Lameiriña, organizado por “Amigos dos Rapaces”.

 

Día 9 de febreiro,  martes

 

17:00h: Festa Infantil “Concello de Marín” no Multiusos. Maxía, música, animación, sorteos e gardarroupa…. e ás  19:00h haberá unha chocolatada.

 

 

20.00 h: Concurso de orellas e filloas organizado polo Ateneo Santa Cecilia.

 

Día  10 de febreiro, mércores

 

17.00 h: Velatorio no palco da música.

 

20:00 h: Enterro da Sardiña: saída pola rúa Almuíña, praza de España, rúa Ejército y Marina, rúa da Ponte, rúa do Sol ata chegar á praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar: saída pola rúa Real, rúa Almuíña, praza de España e Despedida ao Mar.

 

Dia 13 de febreiro, sábado

 

17:00 h: Entroido en Seixo, organizado pola Asociación Cultural Ronsel, O desfile sairá as 17 horas dende as inmediacións da gasolineira e rematará na Alameda de Seixo, onde a partires das 18 horas comezará o baile de disfraces amenizado polo dúo Karamelo, tamén haberá degustación de filloas

 

Dia 14 de febreiro, domingo

 

12:00h: O bolo do Pote, Urralas olas e máis xogos populares, na alameda Rosalía de Castro, organizado pola “Asoc. Cultural  Fentos e Froumas” e Urralas Olas e xogos populares a cargo da Asoc. Cultural de Santo Tomé de Piñeiro. Ameniza o grupo folklórico Anxuíña .

Actuación das “Madamas”

 

Dia 21 de febreiro, domingo

 

Entroido en Santomé.

 

Día  6 de marzo, domingo

 

17.00 h. Entroido en San Xulián, organizado por “Os de A Caña”. Saída desde S. Pedro ata o Igrexario.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR