Contacto | Tel.:986 88 03 00

Presentación Fase Provincial Ximnasia Rítmica.

Na mañá deste xoves día 12 de maio tivo lugar a presentación da FASE PROVINCIAL PROMOCIÓN INDIVIDUAL E CONXUNTOS DE XIMNASIA RÍTMICA que organizan a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Ximnasia Rítmica, o Concello de Marín e o Clube In Mare de Marín.

Ao acto acudiron o Concelleiro de Deportes de Marín (Antonio Traba), o Coordinador de Deporte Escolar de Pontevedra da Xunta (Guillermo Reinaldo) e o Presidente do clube In Mare (Francesc Casanovas).

O evento disputarase este próximo domingo día 15 de maio no Pavillón da Raña de 10:00 a 19:15 horas e participarán tódolos clubes desta modalidade deportiva da provincia de Pontevedra. No acto de clausura terá lugar unha exhibición do grupo de hip hop vigués Galirockers como promoción da II Edición da Marín Atlantic Open de Baile de Salón que terá lugar os próximos 28 e 29 de maio.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR