Presentación do III TORNEO LA PEÑA FUTSAL MIXTO MARÍN.

Presentación do III TORNEO LA PEÑA FUTSAL MIXTO MARÍN.

Na mañá deste mércores tivo lugar a presentación do III TORNEO LA PEÑA FUTSAL MIXTO MARÍN que terá lugar o próximo 30 de abril no Pavillón de A Raña de 10:00 a 23:00 horas.

Un torneo que repite por terceiro ano consecutivo de categoría mixta e de inscripción gratuíta para todos os equipos que se inscriban, tendo de prazo para elo o próximo 24 de abril. Os premios, ademais dos clásicos 1º, 2º e 3º serán para o Pichichi, o Zamora, o Mellor Xogador/a, o Amistoso e os de Xogos Libres, ademais dun premio especial para o equipo mais deportivo.

Ademais, no contorno do Pavillón haberá actividades infantís, xogos, hinchables, animación…todo gratuíto.

O evento é organizado polo Clube Deportivo La Peña que acudiron esta mañá ao acto de presentación encabezados polo seu presidente Antonio Caíña e xunto ao Concelleiro de Deportes.

Anterior Campeonato Galego Escolar Judo.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados