Contacto | Tel.:986 88 03 00

Presentación Actos do Día da Liberación.

O próximo 10 de abril terá lugar o CCVI aniversario da Liberación de Marín. A agrupación pola defensa de Marín (ADEMAR), ven organizando, dende fai 40 anos, xunto co Concello de Marín, a Liberación da nosa vila por Juan Gago de Mendoza e as súas “alarmas do Morrazo”.

Os actos trasládanse esta vez ó próximo 10 de abril domingo, co seguinte programa:

A 12,00 h. Pasacalles polo grupo de gaitas “Os Chaneiros”.

A 12,30h. Acto de 4 Honores ante o Monólito situado na rúa Augusto Miranda, co izado de bandeiras, himno pola Banda da E.N.M.

Colocación da coroa de loureiro. Oración pola parte da Banda da E.N.M. Disparo de salvas de honra polas alarmas de Pontesampaio.

Presentación do presidente de ADEMAR don Manuel Alberto Torres Viqueira.

Lectura do acta de concesión do PREMIO LIBERACIÓN 2016 a Don Laureano Mayán Taboada, a título póstumo.

Palabras de don Julio Santos Pena glosando as efemérides e os méritos do premiado.

Peche do acto a cargo da Sra. Alcaldesa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies