Contacto | Tel.:986 88 03 00

Obras de Construción dunha Senda Peonil entre Vilaseca e Lapamán

Trátase dun itinerario peonil de case 1,5 km que se construirá pola marxe dereida estrada, dotándoo de muros de contención e unha banda de aparcadoiros en liña, unhas 35 prazas, nas proximidades da praia de Lapamán
Vázquez Mourelle explica que esta senda, xunto coa outra prevista entre Bagüín e Seixo, dará continuidade aos treitos de beirarrúa e permitirá que veciños e turistas dispoñan dun itinerario a pé que percorrerá Marín ao completo pola costa
A estas dúas sendas sumaranse as outras dúas que se construirán na estrada que vai cara a Moaña, a PO-313, concretamente nos treitos Coirados-Pardavila, cuxo proxecto está agora mesmo en redacción, e Pardavila-Cadro
Todas estas actuacións están recollidas no Plan de Sendas de Galicia, que para o caso concreto desta comarca do Morrazo prevé a execución de 8 novas sendas, 10 km e un investimento de 2,8 millóns de euros
A conselleira subliña a aposta da Xunta polas sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe e por investimentos que fomentan unha mobilidade máis respectuosa co medio e facilitan os desprazamentos cotiás dos veciños

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, á que lle trasladou que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica o inicio da información pública da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, na estrada PO-551, cuxas obras se executarán ao longo do vindeiro ano mediante o investimento de case 790.000 euros.

Vázquez Mourelle explicou que entre finais de ano e principios do que vén procederase a tramitar as expropiacións de 44 fincas co obxectivo de completar a tramitación necesaria para realizar as actuacións.

Trátase dun itinerario peonil de case 1,5 km que se construirá pola marxe dereita, en formigón coloreado e cun ancho medio de 2 metros, salvo naquelas zonas nas que o impidan as edificacións. Como a estrada atravesa un pequeno rego proxéctase neste punto unha pasarela de madeira que irá ancorada á propia estrutura da ponte existente, garantindo así a continuidade da senda. Ademais, construiranse diversos muros de contención e habilitarase unha banda de aparcadoiros en liña, unhas 35 prazas, nas proximidades da praia de Lapamán.

A conselleira indicou que xunto coa outra senda prevista nesta mesma estrada, entre Bagüín e Seixo, dará continuidade aos treitos de beirarrúa existentes e permitirá que veciños e turistas dispoñan dun itinerario a pé que percorrerá Marín ao completo pola costa.

A estas dúas sendas sumaranse as outras dúas que se construirán na estrada que vai cara a Moaña, a PO-313, concretamente nos treitos Coirados-Pardavila, cuxo proxecto está agora mesmo en redacción, e Pardavila-Cadro.

Todas estas actuacións están recollidas no Plan de Sendas de Galicia, que para o caso concreto desta comarca do Morrazo prevé a execución de 8 novas sendas, 10 km e un investimento de 2,8 millóns de euros.

A titular de Infraestruturas subliñou a aposta da Xunta polas sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe e por investimentos que fomentan unha mobilidade máis respectuosa co medio, que reforzan a seguridade viaria e facilitan os desprazamentos cotiás dos veciños e dos turistas que cada ano se achegan a Marín e ao Morrazo a desfrutar dos seus atractivos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies