28/12/2020
O Concello de Marín ven de informar do remate do período laboral polo que foron contratados 10 peóns de obras públicas e tres conserxes a xornada completa, que procedían do desemprego, e que pudieron exercer estas funcións durante os últimos seis meses, desde o 1 de xullo ata o 31 deste mes.
O importa total destas contratación ascendeu a 113.288,50 euros e está financiado coa Liña 3 do Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Os traballadores realizaron o seu traballo de xeito conxunto coas brigadas municipais, no caso dos peóns, e nos edificios de titularidade pública municipal, no dos conserxes.
Segundo explica o axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Afredo Montero, dentro do servizo de apoio a obras públicas realizaron tarefas de apoio á brigada municipal de obras de mantemento e conservación de servizos como obras de saneamento, conservación de viais, obras de reparación, conservación e mellora de edificios municipais, traída de augas, alumbrado público, limpeza de praias, etc….
O servizo de conserxería xustifícase pola gran cantidade de edificios de titularidade municipal que precisan desta figura e do seu reforzo, especialmente en épocas onde están ateigados por veciños e visitantes, ao tempo que reforzan os servizos ao coincidir cos períodos vacacionais do persoal do Concello.