Contacto | Tel.:986 88 03 00

Melloras no mercado e nas zonas comerciais.

A concellería de turismo e comercio do Concello de Marín que xestiona Cristina Acuña está levando a cabo estos días a inversión que foi solicitada á Xunta de Galicia para actuar na mellora dos mercados e reforzar as zonas comerciais.

Esta axuda conlevaba a mellora dos tellados nos patios norte e sur da Praza de Marín tendo en conta que se levou a cabo a reposición, limpeza e acondicionamento destas superficies, coa colocación e limpeza das tellas e reposición das que estaban rotas.

Esta actuación xa finalizou e na petición de axuda  incluíase a mellora nas fachadas de distintos baixos que están sen actividade e se precisa tal e como se realizou fai anos un acondicionamento que xenere unha mellor imaxe e ó mesmo tempo recree fotos de paisaxes do noso concello.

vinilo2

Esta actuación estase levando a cabo e nalgúns puntos xa están colocados, tratando de expandir estas zonas a lugares que ademáis estaban nalgúns casos moi deteriorados, abandonados e que estaban situados moitas veces en zonas moi frecuentadas e comerciais ofrecendo unha mala imaxe de suciedade e de falta de ornato público.

Esta actuación finalizarase nos próximos días tal e como se informou á Mesa Local de Comercio que o Concello de Marín reuniu nos pasados días.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR