O Concello de Marín a través das Concellerías de Comercio, Festas e Cultura, convoca o I Concurso de Decoración do Nadal do municipio co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalería e veciñanza da imaxe navideña de Marín.
Mediante este concurso preténdese promover a creatividade durante o Nadal na nosa vila, potenciando o ambiente nesta época do ano, especialmente neste momento tan duro que estamos a atravesar e no que precisamos sentir esperanza e ilusión polo futuro.
Poderán participar no concurso vivendas unifamiliares, comunidades de propietarios de edificios, hostalería, comercios e/ou negocios que estean ubicados no termo municipal de Marín.
Para poder participar será necesario presentar a solicitude que se indica no Anexo I, que está dispoñible, co resto das bases, na páxina web do Concello.
A decoración deberá estar exposta dende o 11 de decembro de 2020 ata o día 7 de xaneiro de 2021. Os adornos teñen que ser típicos de Nadal e a zona elexida para ser decorada ten que ser totalmente visible dende a vía pública.
[button link=”http://concellodemarin.es/wp-content/uploads/2020/11/basesconcursonadal2020.pdf” size=”large” color=”blue”]Bases Concurso Decoración[/button]
Categorías do concurso
Establécense tres categorías:
1ª.- COMERCIO
Valorarase en conxunto o mellor escaparate e interior dos establecementos que participen, que deben estar ubicados no termo municipal de Marín.
Os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados durante este periodo, sempre que non se modifique a decoración do escaparate.
2ª.- HOSTALERÍA
Neste caso, valorarase en conxunto a mellor entrada e interior do establecemento participante, así como os ventanais.
3ª.- VIVENDAS
Dentro desta categoría, poderase participar en tres modalidades:
- Comunidade de veciños dun edificio: Poderán participar todas as comunidades de veciños de Marín que decoren as entradas principais dos seus edificios e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
- Ventás e/ou balcóns dun edificio: Poderá participar toda a veciñanza de Marín que resida nun edificio de Marín e que decoren as súas ventás e/ou balcóns de modo que esta decoración sexa totalmente visible dende a vía pública.
- Vivendas unifamiliares: Poderán participar os residentes en calquera vivenda unifamiliar ubicadas en Marín que decoren as súas vivendas e/ou xardíns de modo que esta decoración sexa totalmente visibles dende a vía pública.
No caso de que nestas datas as restricións sanitarias volvan afectar ao peche da hostalaría ou de comercios, estas categorías posporanse para facer un concurso noutras datas. Nese contexto, manteríase soamente o concurso nas categoría de “Vivendas”.
Inscricións
Os interesados en participar no concurso de decoración poderán inscribirse gratuitamente ata o día 11 decembro de 2020, utilizando unha solicitude de participación onde se indicarán os seguintes datos:
- Nome e número/s da rúa onde se ubica o establecemento, edificio, casa ou local a decorar con todos os datos necesarios para a súa localización.
- Nome da persoa que ostente a representatividade do mesmo.
- DNI da persoa representante.
- Dirección de correo electrónico.
Esta solicitude de inscrición poderá preferentemente descargarse na páxina web do Concello ou, senón, poderá obterse nas dependencias do Rexistro do edificio consistorial.
Unha vez cumprimentada a solicitude, debe presentarse a través da sede electrónica. Existe a posibilidade de facelo de xeito presencial, pero o Concello reitera a opción telemática debido á situación sanitaria. En todo caso, de facelo por vía presencial, é obrigado solicitar cita previa a través da sede electrónica ou chamando ao número de teléfono 986 880 300.
E unha vez posta a decoración… que facer?
Os participantes deberán aportar antes do día 14 de decembro de 2020 (incluído) cando menos 3 fotografías polas que se poida visualizar a decoración realizada. A achega das fotografías realizarase á conta de correo electrónico concursos@concellodemarin.es facendo constar o número de rexistro da solicitude e a identidade do representante.
A montaxe da decoración deberá estar rematada o día 11 de decembro de 2020.
Premios
Nas categorías de comercio e hostalaría, escolleranse as dúas mellores propostas. Os primeiros premios serán de 300 euros cada un, e os segundos, de 200 euros cada un. Para cada unha das subcategorías de vivendas, haberá ademáis un 3º premio de 100 euros. A maiores, realizarase un sorteo de 100 euros entre todos os participantes (sen contar aos gañadores de cada categoría).
O xurado do concurso estará composto pola alcaldesa do Concello de Marín ou nun delegado que ela designe, por un representante da Concellería de Festas, da de Cultura e da de Comercio, e dous representantes da veciñanza de Marín.
Algúns dos criterios que se valorarán serán que os adornos conteñan motivos alusivos ás festas de Nadal, boa iluminación de tipo LED, orixinalidade e singularidade na proposta e, de xeito especial, valorarase que as decoracións utilicen material reciclado.
O fallo do xurado realizarase o luns día 28 de decembro de 2020 e será inapelable.
Supendido o Mercado de Nadal
Por outra banda, o Concello informou esta mañá de que será suspendido o Mercado de Nadal que estaba previsto dada a situación sanitaria na que se atopa o Concello e dadas as medidas restritivas ás que temos que acollernos.