Marín

Marín

Situado nas Rías Baixas, Marín ofrécenos unha estampa marabillosa no seu litoral, con praias resgardadas de auga cristalina e area fina coa vexetación como telón de fondo. A cor verde da natureza do contorno mestúrase coa azul do ceo para dar paso á fermosa azul verdosa do mar.

Marín asómase á ría desde o seu miradoiro privilexiado. Mar e monte a un paso: agradecida para o goce da praia e para a práctica de todo tipo actividades ao aire libre. Sendeirismo, cicloturismo, hípica, vela, piragüismo, mergullo…. son algunhas das propostas máis habituais para practicar neste contorno.

A Ría de Pontevedra baña as costas de Marín agasallándonos cos mellores produtos do mar, peixes e mariscos recoñecidos pola súa calidade no mundo enteiro, Caracterizada pola grande riqueza de cor e sabor, a nosa gastronomía nútrense das mellores materias primas traídas do mar: cigalas, linguados, robalizas, ollomoles, rodaballos, chocos, polbos, sardiñas, centolas, nécoras, langostas, camaróns, ostras, mexillóns, vieiras, ameixas e croques, acompañados do afamado viño Albariño.

Anterior Acordo de Xunta de Goberno Local de 17.09.2015 de prórroga anual do contrato de "Asistencia xudicial do Concello de Marín e asistencia xurídica da Alcaldía"

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados