Contacto | Tel.:986 88 03 00

Mantemento Centro Interpretación.

O concello de Marín está facendo labores de mantemento e conservación do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor tratando as láminas de madeira da súa fachada e contorna.

Así mesmo desde o mes de xuño o centro permanece aberto, con visitas guiadas e en días como hoxe coas visitas nocturnas programadas que tanto éxito teñen.

A empresa Anta de Moura é a encargada de mantelo aberto o centro e facer as visitas guiadas e as que programan os grupos tratando de facer desde o punto de vista profesional un gran traballo de divulgación, de exposición e de mostrar este centro de referencia a nivel internacional nun entorno moi visitado pola cercanía coas praias, no sendeiro azul que constitúe o vial de praias e a declaración do organismo ADEAC deste año 2016 como Centro Azul.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR