Contacto | Tel.:986 88 03 00

Licitación dos Quioscos nas Praias.

O pasado mércores día 27 de abril publicáronse as bases que rexen a licitación dos servizos de TEMPADA nas praias para este año 2016.

O prazo de presentación de ofertas finalizaría o día 8 de maio de 2016.

LICITACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN DA EXPLOTACIÓN DOS SERVIZOS DE TEMPADA 2016 NAS PRAIAS DO CONCELLO DE MARÍN

Convócase licitación pública para o outorgamento das autorizacións para a explotación dos servizos de tempada de verán ubicados nas praias do municipio de Marín, no ano 2016, con arranxo ao seguinte:

1. Entidad adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita el expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Secretaría Xeral.
• Domicilio: Avda. Ourense s/n.
• Localidad e código postal: Marín, 36900.
• Teléfono: 986880300.
• Fax: 986882013.
• Dirección de Internet do perfil del contratante: www.concellodemarin.es.
• Data límite de obtención de documentación e información: Ata as 14:00 hs. do último día do prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 41/16.

2. Obxecto del Contrato:
a) Descripción: Autorizacións administrativas para a explotación dos servizos de tempada de verán 2016 nas praias de Marín.

3. Tramitación e procedimiento:
a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Aberto.

c) Criterios de adxudicación: Oferta económica máis alta sobre o canon ou tipo mínimo de licitación por lote.

4. Tipo da licitación:

quioscolicitacion
5. Duración do contrato:
Do 1 de maio ó 31 de outubro de 2016.

6. Garantías:
a) Provisional: 3% do prezo mínimo de licitación do servizo polo que se opta.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación

7. Requisitos específicos del contratista
a) Solvencia: Acreditaráse mediante a achega dun exemplar da póliza do Seguro de Responsabilidade Civil en vigor, en contía mínima de 150.000 euros, para cubrir as continxencias que se puideran producir pola prestación do servizo, así como do documento acreditativo do pago da correspondente prima.

b) Otros requisitos:

— Reunir os requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración.
— Non atoparse incurso/a en ningunha das prohibicións para contratar do art. 60 do TRLCSP.
— Atoparse ao corrente do pago das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola disposicións vixentes.
— Estar dado de alta no IAE, no epígrafe correspondente ao obxecto da actividade, e estar ao corrente no pago de dito imposto.
— Constituir un depósito de 20 € por metro cadrado de ocupación, a diposición do Servizo Provincial de Costas, para responder do levantamento das instalacións á extinción da autorización.
— Constituir unha garantía provisional por importe do 3% do prezo mínimo de licitación do servizo polo que se opta, e unha garantía definitiva por importe do 5% do importe de adxudicación.
— Proceder ao abono do canon pola explotación do servizo.
8. Presentación das ofertas
a) Prazo de presentación: Durante os 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. En horario de 9 a 14 horas de lúns a venres, e de 9 a 13 horas os sábado. En caso de que o último día do prazo fora día inhábil ou sábado, o prazo extenderase ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: A indicada no Prego de condicións. Deberá presentarse un sobre “B” – “Proposición económica”, para cada un dos lotes ao que se licite.

c) Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Marín.

• Domicilio: Avda. Ourense s/n.
• Localidade e Código postal: Marín, 36900.
9. Apertura de las ofertas
a) Dirección: Sala de Xuntas do Concello.

b) Localidade e Código Postal: Marín, 36900.

c) Fecha e hora: Ás 13 horas do quinto día hábil posterior ao remate do prazo de presentación de plicas (ou da data de presentación da derradeira plica por correo), sempre que non sexa sábado, caso no cal a apertura pasará a realizarse ao primeiro día hábil seguinte a mesma hora.

10. Gastos dos anuncios:
Serán a cargo do adxudicatario, ata o límite de 800 €.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies