Contacto | Tel.:986 88 03 00

LAGO DE CASTIÑEIRAS

Compartido co veciño concello de Vilaboa, destaca como miradoiro e parque natural. Ten unha área recreativa e un Centro de Recuperación de Fauna Silvestre, un Aula da Natureza, un parque e un coto de pesca, xestionados pola Consellería de Medio Ambiente da Consellería de Pesca. De gran beleza paisaxística atrae a moitos visitantes, entre eles centros de ensino. Atópase a uns 10 km. do núcleo urbano, a uns 400 m. sobre o nivel do mar.  Dende o seu miradoiro en Cotorredondo, con bo tempo distínguense as tres Rías Baixas meridionais: Arousa, Pontevedra e Vigo. Preto do lugar hai picadeiros para montar a cabalo coa posibilidade de facer rutas polo monte do entorno, podendo visitarse as mámoas e petróglifos dos arredores.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR