Contacto | Tel.:986 88 03 00

Informe Visitas os Petróglifos Mogor na Semana Santa.

1.- Horario apertura
Apertura continua entre os días luns 21 e domingo 27 de marzo, en horario de 11:30 – 13:30 h. e 17:00 – 20:00 h., polo tanto 5 h. diarias. Neste horario ofertáronse diariamente dúas visitas guiadas de 30 minutos de duración, unha pola mañá de 12:30 – 13:00 h. e outra pola tarde de 19:00 – 19:30 h. Non todos os días se fixeron estas visitas guiadas ofertadas pero si moitas delas.

2.- Datos de asistencia de visitantes
O número total de visitantes foi de 173 persoas, incluídas aquí tamén as que fixeron visitas guiadas. As estatísticas que caracterizan a afluencia do público visitante se realizan en base á totalidade dos visitantes que tivo o Centro.

Nesta primeira gráfica se reflicte o número de visitantes cada día de apertura do Centro, durante os sete días de apertura en semana santa, con maioritaria afluencia o xoves e venres santo.

Neste caso hai unha clara preferencia pola primeira hora de apertura matinal e a primeira metade da tarde.

Visitantes por idades. Á marxe do perfil de visitante que reflicte a gráfica, cabe sinalar que a relación homes/mulleres é parella, aproximada ao 50%.

A gráfica Procedencia de visitantes 1 reflicte o reparto total dos visitantes, con maioría galega e só Portugal como país estranxeiro. En canto aos visitantes doutras comunidades autónomas, Madrid foi claramente a que máis visitantes aportou, e tamén estiveron representadas –aínda que con poucas persoas- as comunidades de Castela León, Castela A Mancha, Cantabria, País Vasco, Navarra, Cataluña e Valencia; como vemos, maioritariamente o norte peninsular.

A gráfica Procedencia de visitantes 2 reflicte o reparto total dos visitantes de Galicia, cunha clara maioría de visitantes da provincia de Pontevedra, seguida de lonxe por A Coruña, e unha moi escasa presenza de visitantes de Lugo e Ourense

Finalmente, a gráfica Procedencia de visitantes 3 reflicte o reparto dos visitantes procedentes da provincia de Pontevedra, diferenciando os procedentes do concello de Marín.

3.- Conclusións
A afluencia de visitantes nesta semana santa cabe considerala como boa, con números que non desmerecen con respecto ás semanas do pasado verán e que extrapolados a un mes enteiro serían superiores aos do pasado mes de setembro. Sintetizamos a análise do público nos seguintes puntos:
­ A afluencia de público se produciu todos os días de apertura e en todas as horas, se ben resultaron moi destacados o xoves e venres santo, e a primeira hora da mañá e as dúas primeiras da tarde en canto a cifras de visitantes.
­ Por idades o número de visitantes está moi concentrado nos tramos de entre 30-40 e 40-50 anos, moi por riba dos demais tramos.
­ En canto á procedencia predominan os visitantes de Galicia, con pouco público doutras comunidades autónomas e só Portugal como pais estranxeiro representado. Dentro dese escaso público doutras comunidades, máis do 50% viu de Madrid, consolidándose así como a comunidade autónoma que máis visitantes aporta, dato xa contrastado o pasado verán.

Como síntese final, consideramos positiva a apertura en semana santa e recomendable para futuros anos, xa que as cifras avalan a medida e resulta un recurso de gran interese cultural que ofrecer aos visitantes foráneos. Ao tempo, segue sendo un recurso moi apreciado polos visitantes da provincia de Pontevedra e incluso de Marín. Tamén hai que salientar o éxito que en relación ao grado de satisfacción pola información recibida como da atención prestada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies