Contacto | Tel.:986 88 03 00

GRANXA DE BRIZ

Integrado en plena natureza atopámonos coa Granxa de Briz, un paradisíaco lugar que conta con divertidos xogos infantís.

Conta cunha zona de aventura, con lagos, tobogáns e xogos integrados na natureza, a lagoa natural e a artificial e a ladeira dos sentidos.
Un auditorio ao aire libre cun escenario un tanto peculiar e bancada que resulta moi cómoda para gozar dos concertos e espectáculos. Todo iso sobre unha superficie de 23.690 metros cadrados.
Sen dúbida, un interesante lugar de recreo, ocio e espallamento.

A Finca consta de tres casas, a primeira e “chalé principal”, “a casa bodega” e a terceira e última denominada casa dos “caseiros”; está rodeada por unha muralla (que aínda se conserva e que foi construída na mesma época que a casa máis antiga, coñecida como “casa bodega”) e no seu interior podemos atoparnos con infinidade de árbores froiteiras, especies autóctonas e viñas, así como unha pequena lagoa.

Un pouco de historia:

Esta finca era a antiga Granxa da Costa dos monxes de Oseira que tras a Desamortización foi mercada por D. Roberto Munaiz en 1838.
A familia Munaiz levanta no solar unha vivenda que se coñecería coa denominación de “Villa Paula”, nome, este, que compartían tanto a muller do propietario coma unha neta.
En 1942 unha descendente, Dna. Ana Mª Saraiva Munaiz , casada con D. Marcelino Briz, decide edificar un chalé na finca, que se converterá na súa residencia de verán, e que será sempre recordada polos seus bailes nocturnos de sociedade, coa asistencia de destacadas personalidades da época:  militares, políticos, empresarios e amizades da familia.
En outubro do ano 1999 a finca pasa a  titularidade municipal  ao ser adquirida aos irmáns Briz Saraiva por 150 millóns de pesetas. Dende aquela  recibiu por parte do Concello a denominación de Finca de Briz, perdéndose así o vencello que co apelido Munaiz  mantivera ao longo de tantos anos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR