Festa Naútica Aguete 2016.

Festa Naútica Aguete 2016.

Os Concelleiros de Turismo e de Deportes, Cristina Acuña e Antonio Traba, presentaron hoxe xunto coa comisión organizadora da FESTA NÁUTICA DE AGUETE, a nova edición desste verán que terá lugar os días 5, 6 e 7 de agosto, cunha axenda repleta de actividades. A presentación acudiron tamén representantes do Clube Pinarium e do Real Club de Mar de Aguete.

Deportes náuticos e música cubrirán unha atractiva axenda que comezará o venres 5 de agosto as 16:00 horas coa posibilidade de practicar con Kayaks, Papel Surf e Flyboard previa inscripción ao ser prazas limitadas. La Banda del Nash, Ambar, Os Chimpís e Discotecas Móviles serán os encargados de amenizar as noites destes tres días a partir de 22:00 horas.

A novedade deste ano é a celebración do I TRIATLÓN SÚPER SPRINT POPULAR PLAYA DE AGUETE que terá lugar o domingo 7 de agosto entre as 10 e as 13 horas para tódalas idades. O custo de inscrición é de 6 euros para os adultos e de 2 euros para os nenos (menores de 14 anos). Os organizadores indican como teléfono de contacto para as inscricións o 616727999. O prazo de inscrición remata o mércores 3 de agosto.

Unha boa fin de semana deportivo musical espéranos os próximos 5-6-7 de agosto no peirao de Aguete. Dende o Concello vos animamos a participar.

Anterior V Festa Corsaria.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados