Festa da Primavera en Marín

Festa da Primavera en Marín

Un Pequeno Circo de Primavera está a piques de desembarcar en Marín!

Despois de Hugo, Giselle e todas as cicloxénses explosivas que acabamos de vivir, parece que chega o sol, agroman as primeiras fores, cambia o horario, temos máis luz e chega a primavera!!!!

É por iso que dende o Concello de Marín queren celebralo convidándonos a unha festa para toda a familia da man de Nelson Quinteiro Producciones, o vindeiro 1 de abril dende as 18:00 h na Alameda de Marín baixo o título

SPRING! FESTA DA PRIMAVERA EN MARÍN!

Alí instalaremos o teatriño de Pedriño Mendrugo, mestre de cerimonias do espectáculo “Pequeno Cabaret Infantil” (preme para ver o videoclip) plato central da programación e que como sempre fará as delicias de maiores e pequenos, contando contos,cantando cancións ou buscando á súa artista internacional, Jacinta Florette.
Pero non será a única artista deste circo!

A posta en escena desta festa ten preparados obradoiros e animación arredor das acrobacias e malabares, con Joaco Showman, sombras chinesas con Olga de Abad, hula hoop e hula dance con Alba F.Troiteiro, así como caracterización e pintacaras con Alejandra Tomé.

Un equipo multidisciplinar e aberto cos que convertiremos a alameda de Marín nun xeitoso cabaret de circo.

En caso de choiva as actividades transladaranse ao Espazo Multiusos.
¿Pero como vai chover, con esta programación?
Se xa estamos en primavera!!!!

Anterior Reunión no rural na Parroquia de Santomé

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados