Contacto | Tel.:986 88 03 00

Éxito do Campionato Galego Base Individual de Ximnasia Rítmica.

Este pasado domingo, o Pavillón de A Raña volveu a converterse no epicentro galego da ximnasia rítmica. Novamente a Federación Galega de Ximnasia elexíu á nosa localidade esta vez para a celebración do CAMPIONATO GALEGO BASE INDIVIDUAL DE XIMNASIA RÍTMICA. O clube organizador, CLUBE INMARE, é parte importante de que a Federación Galega elixa Marín para a celebración destes eventos.

No evento deste domingo, un total de 73 ximnastas de toda Galicia disputáronse os títulos galegos da modalidade en tódalas categorías seguintes: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil cadete e xuvenil.

A única representante do clube local, Raquel de la Torre, en categoría alevín, acadou un meritorio 7º posto cunha nota final de 5,47. A relación de campionas galegas por categoría foron:

PREBENXAMIN – Naila Muñiz (Clube Biqueira)

BENXAMIN – Zaira Rodríguez (Clube Maniotas)

ALEVÍN – Lucía Dorado (As Triscas)

INFANTIL – Verónica González (As Triscas)

CADETE – Paula Villanueva (As Triscas)

XUVENIL – Ainhoa Soto (Vila de Pontevedra)

 

Pero o ritmo da ximnasia non termina con este evento, pois dende este venres 18 ate o domingo 20, terá lugar a celebración conxunta da Copa Galicia Internacional e da Copa Galicia, ambas en Ximnasia Acrobática, eventos que voltamos a repximnasia3

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies