O xoves, 15 de xullo, na véspera do Día do Carme, poderemos gozar en Marín do concerto do grupo Dvicio na Praza de España. Esta banda
española de música pop latina formouse na cidade madrileña de Rivas-Vaciamadrid e ten na actualidade un enorme éxito polo seu
traballo, o que lles levou a fichar pola compañía Sony Music en 2013. En 2014 saíu o seu primeiro sinxelo, Paraíso, que os catapultou á súa
actual fama.
Será na explanada da Praza de España a partir das 22.30, cun aforo máximo de 1.200 persoas. Se non queres perderlo, reserva xa a túa entrada gratis para poder acceder ao recinto.
? A apertura do recinto será ás 21.00.
? IMPORTANTE! Se colles entrada e non acudes, ás 22.30 liberaranse para
que queden dispoñibles
? NORMAS:
Máx. 6 entradas por persoa
Prohibido beber, comer e fumar dentro da parcela
Obrigatorio o uso da mascarilla en todo momento
Respectar a distancia
Obrigatorio ter entrada para acceder (incluidos nenos pequenos,
bebés…)