En marcha o período de exposición pública da ordenanza de terrazas

En marcha o período de exposición pública da ordenanza de terrazas

28 xullo 2021

A ordenación do espazo público ten que ser unha comuñón entre as necesidades da cidadanía e as do resto de servizos que se ofrecen na vía pública. Por iso, o Concello traballa para actualizar unha ordenanza, a que regula a instalación de terrazas e veladores, que é fundamental para un sector clave como é a hostalaría e que tamén ten importancia para a estética das rúas de Marín e para a veciñanza en xeral.

Ademais, o contexto de pandemia afectou de cheo (e segue a afectar) aos bares e restaurantes. Nesta tesitura, as terrazas convertéronse no principal motor da actividade destes establecementos, debido ás restricións que aínda planean sobre os interiores.

A modificación desta ordenanza busca, pois, non só adaptarse a esta nova situación, senón tamén axudar na procura dunha homoxeneización da estética do mobiliario urbano, de cara ás novas adquisicións que poidan realizar os hostaleiros, que terán unha marxe de dous anos para adaptar todos os seus elementos desde a aprobación definitiva da norma municipal.

O texto inicial foi levado a Pleno e desde onte está en exposición pública. Os interesados poderán realizar alegacións durante 30 días hábiles. O contido da ordenanza pode consultarse no seguinte enlace: https://sede.concellodemarin.es/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqPMuH4pT00S0S1I0OLZ1KaJNe+eFbpZPJgiMCEzInM+IelfKtcNjJ6uSUVL4+RodRg==
Unha vez pase este período, estudaranse as alegacións. No caso de non recibir ninguna, a normativa aprobaríase de xeito definitivo.

Anterior Un Stock Marín 100% local para apoiar ao noso comercio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados