Contacto | Tel.:986 88 03 00

Día de Rosalía de Castro.

O Concello de Marín, a través das concellerías de Cultura e Educación, sumánse a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propónse á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo. 

Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, o Concello de Marín, e a AELG convidou a  celebrar o  Día de Rosalía de Castro aos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra: 

Educación secundaria e bacharelato

Propoñendo envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte: 

Trocando en sonrisas / queixiñas e choros

Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía.

Esta acción podería realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo. 

rosalia

Educación infantil e primaria

O Concello de Marín e a AELG propoñeron a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Convidamos a que este traballo se realice na semana previa ao 24 de febreiro, para que ese día concreto se proceda desde os centros a un envío das postais aos enderezos das familias do alumnado, como agasallo rosaliano personalizado pola rapazada. Como texto propoñemos a seguinte estrofa de “Alborada”, tamén deCantares gallegos:

              Canta, paxariño alegre,

canta!

Canta porque o millo medre,

canta!

Canta porque a luz te escoite,

canta!

Canta que fuxeu a noite.

 

Desde o Concello de Marín e a AELG, convidouse á comunidade educativa a que se implicara de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies