Contacto | Tel.:986 88 03 00

Curso Fitosanitarios.

Despóis da petición do Concello de Marín á Consellería do Medio Rural, púxose en marcha hoxe ó lado do Concello, unha aula móbil de formación que está a impartir dous cursos, un en horario de maña e outro de tarde para que os alumnos poidan compatibilizar a súa asistencia coas actividades agrícolas da zona.

Cada curso terá unha duración de 25 horas, das cales 9 serán prácticas, para a obtención do carné de manipulador-aplicador de produtos fitosanitarios de nivel básico.

Esta unidade piloto está concibida como apoio á actividade formativa que están a levar a cabo as unidades propias da Consellería do Medio Rural e mesmo ás entidades autorizadas.

O departamento que dirixe Ángeles Vázquez reforza deste xeito a oferta formativa para atender a demanda de todos os agricultores. Esta unidade móbil ten capacidade para trinta alumnos e conta cos medios audiovisuais precisos para impartir, de xeito máis didáctico, as materias e poder realizar as pertinentes prácticas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR