Contacto | Tel.:986 88 03 00

Proxecto Arela

Actuacións de rexeneración urbana e integración ambiental do río Lameira (Marín, Pontevedra)

PRESENTACIÓN

Os programas subvencionados ao abeiro do Eixe prioritario de Desenvolvemento Sostible Local e Urbano (en diante Eixe 5) dos Fondos FEDER no actual Marco Estratéxico Nacional de Referencia é “cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural, reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e a mellora dos servizos locais”.

En concreto, o propósito xeral do proxecto ARELA (Actuacións de rexeneración urbana e integración ambiental do río Lameira) é recuperar a cohesión e sostemento do centro urbano mellorando a súa mobilidade e accesibilidade, incrementando a calidade e superficie do espazo público, poñendo en valor os seus recursos patrimoniais, e dinamizando a súa economía. Actuacións de rexeneración urbana e integración ambiental do río Lameira (Marín,Pontevedra)

Para máis información prema nesta ligazón

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies