Contacto | Tel.:986 88 03 00

Outras Axudas

Existen outro tipo de axudas fora da ARI para vivendas e edificios?

CONVOCATORIAS ABERTAS:

-AXUDAS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTRAS E VIVENDA Á INSTALACIÓN DE ASCENSORES E OUTROS DISPOSITIVOS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS DE TIPOLOXÍA RESIDENCIAL COLECTIVA, NAS SÚAS VIVENDAS DÚPLEX E EN VIVENDAS UNIFAMILIARES E SE CONVOCAN PARA O ANO 2017, CON CARÁCTER PLURIANUAL

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170904/AnuncioG0423-250817-0001_gl.html

OBXECTO: Instalación de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios e persoas fisicas propietarias de edificios de tipoloxía residencial colectiva, dúplex incluídos, e vivendas unifamiliares

REQUISITOS: Ingresos inferiores a 3.5 veces Iprem, no caso de dúplex e unifamiliares

GASTOS SUBVENCIONABLES: Instalación dos dispositivos de accesibilidade e honorarios dos profesionais que interveñan, excluíndo os gastos derivados de impostos, taxas e tributos

AXUDA: 60% do investimento subvencionable cuns máximos dende os 2.500 € ata os 35.000 €, segundo o número de vivendas e a súa situación (ámbito histórico e camiño de Santiago)

PRAZO: Solicitudes: ata o 2 de novembro, agás suposto de esgotamento de crédito (1.296.000 €). Xustificación: 15 días dende o seu remate ou o prazo fixado na concesión da subvención

LUGAR: Vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ) e, no caso de persoas físicas, tamén en formato papel

-AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA (1), A RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE LOUSA (2) E A REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVENDA EXISTENTES (3), E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA 2017

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170706/AnuncioG0424-260617-0010_gl.html  (1)

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170706/AnuncioG0424-260617-0008_gl.html  (2)

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170706/AnuncioG0424-260617-0005_gl.html  (3)

BENEFICIARIAS: Particulares ou comunidades de propietarios de vivendas situadas en Galicia

AXUDA: 40% dos custos totais subvencionables

PRAZO: Do 7 de xullo ao 7 de outubro ou ata o esgotamento de crédito (856.884,76 €/tella, 893.861,14 €/lousa, 200.000,00 €/granito)

LUGAR: Particulares: Preferentemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e opcionalmente en soporte papel.

Comunidades de Propietarios: Por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

INFORMACIÓN:

-páxina web: http://ceei.xunta.gal

-teléfono: 981 95 70 92

-enderezo electrónico: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal

-presencialmente

-AXUDAS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, RELATIVA AO PLAN RENOVE DE FIESTRAS, ASÍ COMO A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA 2017

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170131/AnuncioG0424-200117-0007_gl.html

BENEFICIARIOS: Propietarios individuais e comunidades de propietarios de vivendas situadas en Galicia

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Carpinterías de madeira, PVC e metálicas que cumpran unhas esixencias mínimas en eficiencia enerxética. Non se subvencionan pechamentos de balcóns e terrazas nin ocos acristalados que non estean en fachada

AXUDA: 100 €/m2 de oco cun máximo de 3.000 €/vivenda ou 50.000 €/edificio, sempre e cando a axuda non supere o 25% do custo total da obra

PRAZO: Do 1 ao 6 de febreiro para as entidades colaboradoras interesadas na xestión das axudas. Para os propietarios e comunidades do 1 de marzo ao 29 de setembro de 2017, agás suposto de esgotamento de crédito (1.500.000 €)

LUGAR: A solicitude tramitarase a través dalgunha das entidades colaboradoras onde o comprador elixirá a carpintería. Na páxina web da Xunta estará dispoñible unha listaxe coas entidades colaboradoras

  –          PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2013-2016

Real Decreto 233/2013, de 5 de abril, polo que se regula o plan estatal de fomento do aluguer de vivendas, a rehabilitación edificatoria, e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016.

Obxectivos do Plan

  • Adaptar o sistema de axudas ás necesidades sociais actuais e á escaseza de recursos dispoñibles, concentrándoas en dous eixes (fomento do aluguer e o fomento da rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas). • Contribuír a que os debedores hipotecarios para a adquisición dunha vivenda protexida poidan facer fronte ás obrigas dos seus préstamos hipotecarios. • Reforzar a cooperación e coordinación inter-administrativa, así como fomentar a corresponsabilidade no financiamento e na xestión. • Mellorar a calidade da edificación e, en particular, da súa eficiencia enerxética, da súa accesibilidade universal, da súa adecuación para a recollida de lixos e da súa debida conservación. Garantir, asemade, que os lixos que se xeren nas obras de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas se xestionen axeitadamente, de conformidade co Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos lixos de construción e demolición. • Contribuír á reactivación do sector inmobiliario, dende os dous elementos motores sinalados: o fomento do aluguer e o apoio á rehabilitación de edificios e á rexeneración urbana.

Programas

Para a consecución dos seus obxectivos, o Plan estructúrase nos seguintes programas:

  1. Programa de subsidiación de préstamos convidos.
  2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda. (PECHADO)
  3. Programa de fomento do parque público de vivenda de aluguer.
  4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria. (ABERTO: ata o 14/07/2017)
  5. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas. (ver axudas ARI)
  6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios.(ABERTO: ata o 14/08/2017)
  7. Programa para o fomento de cidades sostibles e competitivas.
  8. Programa de apoio á implantación e xestión do Plan.

Requisitos xerais:

Convocatorias abertas dos programas 4, 5 e 6:

4. Programa de fomento da rehabilitación edificatoria

Publicada no DOG nº 111 do 13 de xuño de 2017 a Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as subvencións do programa de Rehabilitación Edificatoria do Plan estatal 2013-2016:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170613/AnuncioC3Q2-010617-0007_gl.html

DIRIXIDO A: Edificios de tipoloxía residencial colectiva rematados antes de 1981.

BENEFICIARIAS: Comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios e propietarios únicos de edificios de vivendas.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Obras de conservación (Tipo 1), de mellora da calidade e sustentabilidade (Tipo 2) así como as obras dirixidas á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade (Tipo 3)

CONDICIÓNS PARTICULARES: Coa solicitude deberá presentarse, entre outra, a seguinte documentación

  • 1 copia do proxecto ou memoria subscrito por técnico competente que inclúa unha reportaxe fotográfica das zonas a rehabilitar
  • 1 copia do certificado de inicio das obras (só no caso de estar iniciadas e non rematadas con anterioridade á publicación desta convocatoria)
  • 1 copia do informe de avaliación do edificio en formato dixitalizado XML ou instrumento de natureza análoga.

AXUDA: 2.000 a 4.000 € (Tipo 1) – 2.000 a 5.000 € (Tipo 2) – 4.000 € (Tipo 3), sempre e cando a axuda non supere o 35% (Tipo 1 e 2) ou 50% (Tipo 3) do custo total da obra, excluídos impostos, taxas e tributos

PRAZO: 1 mes, ata o 14 de xullo de 2017

LUGAR: A solicitude tramitarase preferiblemente por vía electrónica (https://sede.xunta.es) ou ben en formato papel coa presentación do Anexo I e documentación adxunta na Área Provincial do IGVS de Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, 7)

6. Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios

Publicada no DOG nº 111 do 13 de xuño de 2017 a Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se convocan para o ano 2017 as subvencións do Programa de apoio á implantación do Informe de Avaliación dos Edificios do Plan estatal 2013-2016:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170613/AnuncioC3Q2-010617-0005_gl.html

DIRIXIDO A: Edificios de tipoloxía residencial colectiva de máis de 50 anos e aqueles cuios titulares teñan solicitado ou vaian solicitar axudas públicas en materia de rehabilitación.

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios ou agrupacións destas e propietarios únicos de edificios de carácter predominantemente residencial.

CONDICIÓNS PARTICULARES: Coa solicitude deberá presentarse, entre outra, a seguinte documentación

  • 1 copia do Informe de Avaliación do Edificio (IAE) subscrito por técnico competente
  • Factura dos honorarios, incluíndo o IVE
  • Documentación xustificativa do gasto realizado mediante transferencia bancaria

AXUDA: 20 €/vivenda e 20 €/100 m2 local, cun máximo de 500 € ou o 50% custo informe, sen IVE.

PRAZO: 2 meses, ata o 14 de agosto de 2017.

LUGAR: A solicitude tramitarase preferiblemente por vía electrónica (https://sede.xunta.es) ou ben en formato papel coa presentación do Anexo I e documentación adxunta na Área Provincial do IGVS de Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, 7)


a) Para os programas de axuda ao aluguer de vivenda e de fomento do parque público de vivenda en aluguer nivel de renda de ata 3 veces o IPREM.

b) Para os programas de rehabilitación edificatoria, de rexeneración e renovación urbanas, de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios e do fomento de cidades sostibles e competitivas,  atenderase ao número de vivendas en edificios predominantemente residenciais, rematadas antes do ano 1981, e ao número de vivendas que se sitúen en edificios de tipoloxía residencial colectiva con máis de catro plantas sen ascensor.

Para máis información consúltese:

  • O Real Decreto 233/2013 que regula o Plan Estatal de vivenda 2013-2016, no BOE nº 86 do 10 de abril de 2013 ou a través do seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/10/pdfs/BOE-A-2013-3780.pdf

  • O Decreto Autonómico 18/2014 que desenvolve o Plan Estatal, no DOG nº38 do 25 de febreiro de 2014 ou a través do seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140225/AnuncioCA02-200214-0001_gl.html

  • O Convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia, no DOG nº206 do 28 de outubro de 2014 ou a través do seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141028/AnuncioC3Q2-201014-0003_gl.html

  • A Orde pola que se determina a efectividade das liñas de axuda previstas no R.D. 233/2013, no BOE nº 292 do 3 de decembro de 2014 ou a través do seguinte enlace:

http://www.boe.es/boe/dias/2014/12/03/pdfs/BOE-A-2014-12560.pdf

  • A aplicación informática para a elaboración do IEE do Ministerio de Fomento a través do seguinte enlace:

https://iee.fomento.gob.es/

  • O Real Decreto 637/2016, de 9 de decembro, polo que se prorroga o Plan Estatal 2013-2016 regulado polo R.D. 233/2013, de 5 de abril, no BOE nº 298 do 10 de decembro de 2016 ou a través do seguinte enlace:

https://www.boe.es/boe/dias/2016/12/10/pdfs/BOE-A-2016-11737.pdf

 

  1. Aaplicación informática para a elaboración do IEE do Ministerio de Fomento a través do seguinte enlace:

https://iee.fomento.gob.es/
–          AXUDAS AUTONÓMICAS DO IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo)

 

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2016 pola que se procede á convocatoria pública da axuda, en réxime de concorrencia non competitiva, ás persoas inquilinas das vivendas arrendadas no marco do programa Aluga, no exercicio 2017.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170110/AnuncioC3Q2-281216-0001_gl.html

BENEFICIARIOS: Persoas integrantes de unidades familiares con ingresos non superiores a 3.5 veces o IPREM que formen parte dos seguintes colectivos:

-afectadas por execucións hipotecarias

-titulares de contratos de arrendamento en vigor de vivendas incorporadas ao programa Aluga

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Financiamento parcial da renda do aluguer dos contratos formalizados no marco do programa Aluga

AXUDA: Dende o 30% ao 100% da renda anual do aluguer, segundo o nivel de ingresos da unidade familiar e o colectivo ao que pertenza

PRAZO:

-Novos contratos: antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato

-Prórrogas de contratos: antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da correspondente prórroga do contrato

LUGAR: Preferentemente por vía electrónica (https://sede.xunta.es ), con opción en soporte papel*

*A información/tramitación das presentes axudas debe facerse nas oficinas do IGVS da Área Provincial de Pontevedra, na rúa Alcalde Hevia, nº 7, Pontevedra.

–          AXUDAS AUTONÓMICAS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

AXUDAS AUTONÓMICAS DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

ORDE do 19 de setembro de 2016 pola que se aproba o programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas e se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas deste programa:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160923/AnuncioG0423-190916-0001_gl.html

BENEFICIARIOS: Persoas físicas que promovan actuacións de rehabilitación en edificios con uso residencial, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble.

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Préstamos cualificados concedidos por entidades de crédito para unidades familiares que non superen 6.5 veces o Iprem e, a maiores, axudas económicas directas consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado no caso das unidades familiares que non superen 5.5 veces o Iprem.

AXUDA: Subsidiación do 80 ao 100% dos xuros para rentas inferiores a 5.5 veces o Iprem e importes máximos do préstamo de 30.000 € e sen subsidiación para rentas entre 5.5-6.5 veces o Iprem e importes máximos do préstamo de 60.000 €.

PRAZO: Pendente de publicación de convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva

*A información/tramitación das presentes axudas debe facerse nas oficinas do IGVS da Área Provincial de Pontevedra, na rúa Alcalde Hevia, nº 7, Pontevedra.

ORDE do 30 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017, con financiamento plurianual.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170118/AnuncioG0423-020117-0005_gl.html

BENEFICIARIOS: Persoas integrantes de unidades familiares con ingresos non superiores a 1.5 veces o IPREM (dende 745,51 € para 1 membro ata 1.553,15 € para 5 ou máis membros) e que formen parte dos seguintes colectivos:

-as que precisen dunha axuda por unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou resolución xudicial

-as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento

– as unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento e que foran privados da súa residencia habitual por danos sufridos derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida (incendios, inundacións, etc.)

-as unidades de convivencia que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período de desfrute desta axuda dentro dos nove meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro Social

-as unidades de convivencia que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do contrato a partir da entrada en vigor desta orde

-as unidades de convivencia que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no citado programa

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Financiamento parcial da renda mensual do aluguer, a cal non poderá superar os 350 euros no concello de Marín.

AXUDA: 175 euros/mes no concello de Marín, cun máximo de 12 bonos, prorrogables por dous períodos sucesivos de doce meses ata acadar unha duración máxima de 3 anos

PRAZO: Ata o 20 de novembro de 2017 ou esgotamento de crédito

LUGAR: Preferentemente por vía electrónica (https://sede.xunta.es ), con opción en soporte papel*

*A información/tramitación das presentes axudas debe facerse nas oficinas do IGVS da Área Provincial de Pontevedra, na rúa Alcalde Hevia, nº 7, Pontevedra.

INFORMACIÓN:

-páxina web: http://economiaeindustria.xunta.es

-teléfono: 981 54 55 73 / 981 54 54 74 / 881 99 93 20

-enderezo electrónico: ceei.dxem.axudasenerxia@xunta.gal

-presencialmente

Ligazóns de interese:

 

IGVS

http://igvs.xunta.es/web/igvs/portada

 

MINISTERIO DE FOMENTO

http://www.fomento.es/MFOM/LANG_CASTELLANO/DIRECCIONES_GENERALES/ARQ_VIVIENDA/

 

INEGA

http://www.inega.es/subvencions/subvencions/index.html

 

AGADER

http://agader.xunta.es/Axudas.do


IDAE

http://www.idae.es/

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies